logo        

 

Despois de moito tempo de retraso vou a ver si explico o proceso para facer unhos moldes de silicona.

Para este tutorial usei un señuelo comercial. Pero solo para enseñar o proceso, asi que non pensedes que estou fomentando a copia pirata de un producto.


Empecemos:

Neste caso usei un tide minnow 175 bastante deteriorado que tiña xa para tirar, como queria facelo o mais real posible e enseñar como facer un molde de duas partes a decision que tomei foi cortalo o medio en dous trozos o mais iguales posibles.



Na foto podedes observar de que se compon o señuelo, duas partes de plastico, unha bola de 7mm. de tungsteno, outra da misma medida de aceiro, un contrapeso, 5 bolas de cristal para o rattlin e catro enganches de aceiro inox de 1mm.
Para cortalo e suficiente un cutter ainda que na zona dos enganches debido a que hai bastante cola e mais complicado, pero con un pouco de paciencia podese facer sin moito problema.
O seguinte paso, importantisimo, e preparar moi ben as pezas a copiar, pois cando fagamos o molde as copias teran os mismos defectos que deixemos no orixinal, neste caso usei plastilina e resina de carroceiro para correxir os defectos de corte asi como algunha reforma personal que fixen, neste caso o babeiro xa que non me gusta moito o orixinal ;-)

Feito esto empezamos propiamente coa fabricacion dos moldes, para elo usaremos silicona de dous componentes para moldes, hai varias tendas que a venden via web asi que e doada de conseguir ( Si a ides usar, por favor, seguide as normas de seguridade que indique o fabricante)
Primeiro necesitaremos un lugar donde facer a colada de silicona, eu fabriquei unha caixa de madeira feita cunha tabla e unhos listons sellados con pegamento para que non escapara a silicona. Deberemos ter en conta que sea 1cm. mais grande que o que vaiamos copiar tanto o ancho como o largo.



Despois colocamos as pezas a copiar asegurandonos que estean ben fixadas o fondo e que non se cole a silicona por debaixo delas (eu usei unha base de plastilina), engadiremos ademais unhos conos de plastilina para posteriormente usalos como bebedeiros para verter a resina, asi como unhos pitons para que despois as duas partes do molde encaixen perfectamente (eu usei unhas medias lunas, pero creo que e mellor usar unhos listons xa que nos aseguraran una union mais perfecta).



Chegados a este punto xa estamos preparados para verter a silicona e facer a primeira parte do molde. ( Para facer a mezcla solo necesitaremos vasos de plastico e unha bascula o mais precisa posible)
Dependendo a silicona que usemos faremos a mezcla dos dous componentes nas proporcions indicadas polos fabricantes asegurandonos de facer unha mezcla perfecta e tratando de que non se formen demasiadas burbullas de aire que nos podan estropear o traballo . Para asegurarnos de que esto non pase, antes de verter a silicona, con un pincel "pintaremos" de silicona as pezas, e asi sabremos que na superficie non nos quedara ningunha burbulla de aire. Verteremos a silicona nunha esquina do molde desde certa altura facendo que caia un fio pequeno, o que tamen axudara a que escape o aire mais facilmente. Tamen podemos dar unhos golpes na caixa ou facer que vibre con calquer aparato que teñamos (e falo de mobiles mal pensados :descojone: ) poñendoa encima e facendo unhas chamadas por exemplo.



Agora deberemos ter paciencia e colocar o futuro molde nunha superficie horizontal e esperar a que seque a silicona, o que lle levara mais ou menos 24 horas dependendo da temperatura e o producto que usemos.

Pasado ese tempo procederemos a depegar o molde, para o que non deberiamos ter problemas pois a silicona solo se pega entre si e non a outros materiales.



Agora toca facer a outra parte, que sera da parte interior, para esto meteremos a peza de silicona na caixa e daremoslle unha capa o mais fina posible de vaselina ou outro producto que evite que cando botemos mais silicona se pegue á parte que xa temos feita. Despois de dar vaselina poñeremos as duas partes do señuelo e os embudos de plastilina outra vez no seu sitio asegurandonos de que encaixen perfectamente e verteremos a silicona como fixemos a vez anterior, acordandonos de "pintalas" con silicona antes para evitar que se queden pegadas as burbullas de aire.

Despois de esperar o tempo de rigor para que seque, despegamos as duas partes, e nos deberian quedar duas pezas como estas



Con esto xa temos o molde completo e esperando para que fagamos a colada da resina, o que nos dara como resultadao unhas pezas identicas as que usamos para facer o molde.



Ata aqui a primeira parte, mais adiante nos meteremos no tema de resinas e compoñentes internos dos señuelos.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nuestro agradecimiento a Peixe por compartir con todos nosotros su conocimiento en este Brico, muchas gracias Peixe.

 

©robalizas.com 2009